Ir al contenido principal

Hercules- Deportivo


A viaxe comezou para algúns o venres, no que ultimamos os preparativos do que ía ser una das mellores viaxes que pode contar a Peña Centenariazo, mais quedaban cousas por facer. Despois de falalo xunto dunhas Estrella Galicia e uns partidos á play, a durmir. Tiñamos que reventar Alacant e facer ver aos nosos xogadores que nós estaremos sempre con eles. Sabemos que, deportivistas, habelos hainos en tódolos lares deste anaco de terra, así que só facía falla que nos acompañase o resto dos seareiros deportivistas no Estadio José Rico Pérez. Como? Co BOMBO! Levábamos meses detrás deste obxecto e por fin, ao fin, dispuxémonos a obtelo, e “wuala”!! Nova adquisición [e vaia maneira de estrénalo ;-) ]. 

Bombo nuevooooo



Pero non bastaba con isto…non! Xantamos .Estómago cheo, gañas dunha sesta… de todo menos de facer 400km. Alén diso, faltaba o toque final antes de sair cara Alacant. Unha nova bandeira da Centenariazo. Sprais e rotus en man, pintamos a que foi a nosa primeira bandeira feita por nós, e non quedou mal de todo, non sí?
Peña y pancarta
Chegada, cea e festa, namentres outros compañeiros iniciaban a viaxe dende Madrid para chegares pola mañá.
Domigo 12, 12:00
Comeza o partido! A Peña Centenariazo non deixa de alentar ao Depor e coa axuda do bombo, logramos contaxiar ao resto de seareiros desprazados ou residentes que se achegaron ao estadio. Logo dunha primeira parte muito mellor do que esperábamos, poñémonos 0-2 e a sección na que estaba o deportivismo era unha absoluta festa!!! Logo dun comezo da segunda parte un pouco frouxa na que o Hércules conseguiu acorta-lo marcador e meternos o medo no corpo, o equipo refíxose rápidamente e os locais xa non daban a sensación de perigo dos primeiros 10 minutos [Destacar a enorme actuación de Aranzubía, sen dúbida un dos mellores porteiros da Liga]. Sen deixar de alentar, Salomao marca o terceiro gol e sentenciaba o partido. Desbandada da aficón local e festa dos seareiros deportivistas. E co 1-4 final a festa foi máxima!! Non lembrábamos 4 goles fóra da casa dende aquel 0-5…en que estadio fora iso? XD
O único punto negativo: os dirixentes do Hércules, que non se lles ocorreu nada mellor que poñer a afición visitante ao lado dos ultras, tentando calarnos con lanzamentos de moedas e outros obxectos. Mais non o conseguiron, non, iso quedou claro.
¡¡¡Deportivo Alé¡¡¡
De volta para Madrid, cos 3 puntos e a sensación de que foi un dos mellores desprazamentos da Centenariazo. Deportivistas afincados en Madrid, a que esperades para desfrutar con nós? Ésta é a vosa peña coa que ver ao noso equipo. 
E en pouco tempo, máis e agardamos que mellor! Guadalajara e… X aniversario da xesta que nos dá nome. Se vo-lo perdedes, sen dúbida, arrepentirédevos de non ser un centenariazo máis.
FORZA DEPOR!!
¡¡¡ Tu núncaaaa solo marcharás¡¡¡